sábado, 4 de junio de 2016

TIMELINE

Primeira metade do Século XX






DIARIO DE SESIÓNS:


O primeiro día organizamos a repartición da tarefa, decidimos facer cinco naipes a cada un dos integrantes do grupo, no meu caso tocóume realizae dende o número seis ata o décimo. Todos conseguimos acadar as expectativas e rematamos o traballo que nos propuxéramos sen maiores dificultades.

Pola contra o segundo día tivemos algún problema para rematar a tarefa, xa que ante os escasos medios dos que dispoñíamos Iván e máis eu tivemos que traballar en parella nun mesmo ordenador. Decidimos repartir da mesma forma que o fixeramos o día anterior. Paula acadou o seu obxectivo de realizar os cinco naipes e como sobroulle tempo fixo un naipe máis que estábanos asinado a Iván e máis a min, que teres que traballar nun só ordenador fixemos cinco dos dez naipes que nos tocaba facer, poderíase dicir que fixemos o traballo dun da parella.

Polo que tiven que encargarme da realización dos catro naipes restantes e a montaxe da plantilla.


domingo, 6 de marzo de 2016

Tarefa Integrada

Galicia no século XIX





Diario de sesións:
O primeiro día, na aula de informática, adicámolo a organizar como íamos a facer o traballo e comezamos coa busca de documentos por parellas, a sesión desenvolvéuse sen ningún contratempo, aínda que non nos deu tempo a moito. 
Na seguinte sesión tivemos un problema cun dos ordenadores, polo que estiven buscando o resto de documentos necesarios para a montaxe do vídeo xunto a Hadriana, mentres que Julián e máis Tamara adicaron a clase a resumir o texto do vídeo. Ademais do problema do ordenador, non deu tempo de gravar o audio para o vídeo. 
Polo que na última sesión Hadriana e máis eu resumimos a nosa parte e deseguido gravamos o audio para o vídeo con algún problema, oque nos retrasou un chisco. Cando rematamos e conseguimos descargalo comenzamos a montaxe do vídeo, aínda que como perdéramos tempo ao gravar apenas deunos tempo a comezar o vídeo. Por ese motivo tivemos que rematalo na casa, dividíndonos o traballo. Eu encargueime de organizar o vocabulario e cronoloxía, completando o que tiñamos na actividade, e tamén colaborei na montaxe final do vídeo (do que encargárase outra compañeira). 

viernes, 20 de noviembre de 2015

Actividade Nº18- Clasifica o documento


- A coroación de Napoleón. 1808



Natureza do documento:

Trátase dun documento histórico-artístico, xa que é unha pintura que representa a coroación de Napolón como emperador en 1804. 


Tipo de fonte:

É unha fonte primaria. A pintura foi realizada no 1808, e representa a autocoroación de Napoleón como emperador na que obrigou o Papa a que o coroase, aínda que o propio Napoleón púxose a súa coroa.


Circunstancias espazo - temporais:

En 1802 Napoleón logra aprobar a constitución do ano X, co que sería nomeado cónsul vitalicio, con isto podería elixir ao seu sucesor, isto significaba a volta monarquica.

Napoleón conseguiu o apoio de antigos revolucionarios, isto foi aproveitado por Napoleón para establecer unha monarquía militar hereditaria e proclamarse emperador, facéndose coroar polo papa na catedral de Notre Dáme no ano 1804.

Todo o poder de Napoleón é expresado o día en que é nomeado e proclamado emperador, Napoleón é autocoroado co laurel, de modo que se proclama a si mesmo emperador da república, obrigando ao papa Pio VIII a coroarlle, e Napoleon faino coa emperatriz, demostrando a súa autoridade.


Auroría:

Jacques Louis David.


Estilo e características:

Estilo Neoclásico, o cadro respecta as normas do neoclasicismo. Todas as miradas parecen dirixirse cara  Napoleón que está no centro da composición.


Bibliografía:

Libro de texto Ciencias Sociais 4º ESO, Rodeira
http://historiadelartebachiller.blogspot.com.es/2012/12/la-coronacion-de-napoleon.html

viernes, 9 de octubre de 2015

O Pensamento Ilustrado

No século XVIII aparece a ilustración, e con ela un cambio de mentalidade, comezou por toda Europa un movemento cultural que cuestionaba os valores e a organización da sociedade tradicional do Antigo Réxime.


-O pensamento ilustrado

A ilustración baseábase na razón, na natureza, no progreso e na felicidade. Ademais achegou novos puntos de vista no ámbito dos dereitos, na política e organización social.

Dereitos naturais:
A liberdade individual, de pensar por un mesmo, otorgándolle ao ser humano unha maior autonomía persoal.
A igualdade, consideraban que todos os seres humanos nacían en igualdade de dereitos.

Organización:
Contrato social, segundo os ilustrados as persoas renunciaban a súa vontade inividual para someterse ás regras da sociedade.
Organización en clases, diferenciados pola súa riqueza e non polo seu nacemento.
Fe no progreso, mediante a educación acceder a un progreso indefinido.

Principios políticos:
División de poderes, Os tres poderes do Estado deben ser exercidos por órganos diferentes, para un goberno xusto.
Soberanía nacional, o poder residia no pobo e non provía de Deus.


-Bibliografía de información e imaxes:
Libro de texto Ciencias Sociais 4º ESO Ed:Rodeira