viernes, 20 de noviembre de 2015

Actividade Nº18- Clasifica o documento


- A coroación de Napoleón. 1808



Natureza do documento:

Trátase dun documento histórico-artístico, xa que é unha pintura que representa a coroación de Napolón como emperador en 1804. 


Tipo de fonte:

É unha fonte primaria. A pintura foi realizada no 1808, e representa a autocoroación de Napoleón como emperador na que obrigou o Papa a que o coroase, aínda que o propio Napoleón púxose a súa coroa.


Circunstancias espazo - temporais:

En 1802 Napoleón logra aprobar a constitución do ano X, co que sería nomeado cónsul vitalicio, con isto podería elixir ao seu sucesor, isto significaba a volta monarquica.

Napoleón conseguiu o apoio de antigos revolucionarios, isto foi aproveitado por Napoleón para establecer unha monarquía militar hereditaria e proclamarse emperador, facéndose coroar polo papa na catedral de Notre Dáme no ano 1804.

Todo o poder de Napoleón é expresado o día en que é nomeado e proclamado emperador, Napoleón é autocoroado co laurel, de modo que se proclama a si mesmo emperador da república, obrigando ao papa Pio VIII a coroarlle, e Napoleon faino coa emperatriz, demostrando a súa autoridade.


Auroría:

Jacques Louis David.


Estilo e características:

Estilo Neoclásico, o cadro respecta as normas do neoclasicismo. Todas as miradas parecen dirixirse cara  Napoleón que está no centro da composición.


Bibliografía:

Libro de texto Ciencias Sociais 4º ESO, Rodeira
http://historiadelartebachiller.blogspot.com.es/2012/12/la-coronacion-de-napoleon.html

viernes, 9 de octubre de 2015

O Pensamento Ilustrado

No século XVIII aparece a ilustración, e con ela un cambio de mentalidade, comezou por toda Europa un movemento cultural que cuestionaba os valores e a organización da sociedade tradicional do Antigo Réxime.


-O pensamento ilustrado

A ilustración baseábase na razón, na natureza, no progreso e na felicidade. Ademais achegou novos puntos de vista no ámbito dos dereitos, na política e organización social.

Dereitos naturais:
A liberdade individual, de pensar por un mesmo, otorgándolle ao ser humano unha maior autonomía persoal.
A igualdade, consideraban que todos os seres humanos nacían en igualdade de dereitos.

Organización:
Contrato social, segundo os ilustrados as persoas renunciaban a súa vontade inividual para someterse ás regras da sociedade.
Organización en clases, diferenciados pola súa riqueza e non polo seu nacemento.
Fe no progreso, mediante a educación acceder a un progreso indefinido.

Principios políticos:
División de poderes, Os tres poderes do Estado deben ser exercidos por órganos diferentes, para un goberno xusto.
Soberanía nacional, o poder residia no pobo e non provía de Deus.


-Bibliografía de información e imaxes:
Libro de texto Ciencias Sociais 4º ESO Ed:Rodeira