viernes, 9 de octubre de 2015

O Pensamento Ilustrado

No século XVIII aparece a ilustración, e con ela un cambio de mentalidade, comezou por toda Europa un movemento cultural que cuestionaba os valores e a organización da sociedade tradicional do Antigo Réxime.


-O pensamento ilustrado

A ilustración baseábase na razón, na natureza, no progreso e na felicidade. Ademais achegou novos puntos de vista no ámbito dos dereitos, na política e organización social.

Dereitos naturais:
A liberdade individual, de pensar por un mesmo, otorgándolle ao ser humano unha maior autonomía persoal.
A igualdade, consideraban que todos os seres humanos nacían en igualdade de dereitos.

Organización:
Contrato social, segundo os ilustrados as persoas renunciaban a súa vontade inividual para someterse ás regras da sociedade.
Organización en clases, diferenciados pola súa riqueza e non polo seu nacemento.
Fe no progreso, mediante a educación acceder a un progreso indefinido.

Principios políticos:
División de poderes, Os tres poderes do Estado deben ser exercidos por órganos diferentes, para un goberno xusto.
Soberanía nacional, o poder residia no pobo e non provía de Deus.


-Bibliografía de información e imaxes:
Libro de texto Ciencias Sociais 4º ESO Ed:Rodeira

1 comentario: