No
século XVIII aparece a ilustración, e con ela un cambio de mentalidade, comezou
por toda Europa un movemento cultural que cuestionaba os valores e a
organización da sociedade tradicional do Antigo Réxime.
-O pensamento ilustrado
A
ilustración baseábase na razón, na natureza, no progreso e na felicidade.
Ademais achegou novos puntos de vista no ámbito dos dereitos, na política e
organización social.
Dereitos
naturais:
A
liberdade individual, de pensar por un mesmo,
otorgándolle ao ser humano unha maior autonomía persoal.
A
igualdade, consideraban que todos os seres humanos nacían en igualdade de
dereitos.
Organización:
Contrato
social, segundo os ilustrados as persoas renunciaban a súa vontade inividual
para someterse ás regras da sociedade.
Organización
en clases, diferenciados pola súa riqueza e non polo seu nacemento.
Fe
no progreso, mediante a educación acceder a un progreso indefinido.
Principios
políticos:
División
de poderes, Os tres poderes do Estado deben ser exercidos por órganos
diferentes, para un goberno xusto.
Soberanía
nacional, o poder residia no pobo e non provía de Deus.
-Bibliografía de información e imaxes:
Libro de texto Ciencias Sociais 4º ESO Ed:Rodeira