domingo, 6 de marzo de 2016

Tarefa Integrada

Galicia no século XIX





Diario de sesións:
O primeiro día, na aula de informática, adicámolo a organizar como íamos a facer o traballo e comezamos coa busca de documentos por parellas, a sesión desenvolvéuse sen ningún contratempo, aínda que non nos deu tempo a moito. 
Na seguinte sesión tivemos un problema cun dos ordenadores, polo que estiven buscando o resto de documentos necesarios para a montaxe do vídeo xunto a Hadriana, mentres que Julián e máis Tamara adicaron a clase a resumir o texto do vídeo. Ademais do problema do ordenador, non deu tempo de gravar o audio para o vídeo. 
Polo que na última sesión Hadriana e máis eu resumimos a nosa parte e deseguido gravamos o audio para o vídeo con algún problema, oque nos retrasou un chisco. Cando rematamos e conseguimos descargalo comenzamos a montaxe do vídeo, aínda que como perdéramos tempo ao gravar apenas deunos tempo a comezar o vídeo. Por ese motivo tivemos que rematalo na casa, dividíndonos o traballo. Eu encargueime de organizar o vocabulario e cronoloxía, completando o que tiñamos na actividade, e tamén colaborei na montaxe final do vídeo (do que encargárase outra compañeira). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario